FESTALENT 2025

Esta semana participamos no FESTALENT, a Feira de Empresas e Talento organizada polo Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña), que conecta empresas con talento universitario e público en xeral en búsqueda de oportunidades profesionais.

Nela contamos aos rapaces/as e futuros enxeñeiros/as navais como o COIN está preto deles, con proxectos que lles axudan a comenzar a súa vida profesional e con oportunidades como becas ou ofertas de prácticas que lles facilitan o seu desenvolvemento.

Dende a Delegación Territorial do COIN en Galicia, queremos agradecer á Vicerreitora do Campus De Ferrol Dª Ana Isabel Ares Pernas, ao Director de Campus Industrial de Ferrol Marcos Míguez, e a Dª. Ivanna Fernández por facilitarnos a participación nesta nova edición.

También te podría gustar...