CURSO “Programa de Liderado e Xestión de Equipos con LEGO® SERIOUS PLAY®”

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal coa colaboración do Concello de Ferrol organiza esta formación.

Este programa de obradoiros teórico-prácticos está deseñado para fortalecer as habilidades de liderado e a capacidade de xestión de equipos en persoas emprendedoras, utilizando a metodoloxía LEGO® SERIOUS PLAY®. A través de dinámicas de grupo e simulacións con LEGO, as persoas participantes explorarán diferentes tipos de liderado, motivación e resolución de conflitos, construíndo modelos que representen conceptos e solucións reais.

Modalidade: Presencial. Sede de COFER na Malata  (Punta Arnela, s/n. Edificio de Usos múltiples, 2º. Ferrol)

Datas: 2, 3 e 4 de decembro.

Horario: de 09.30 a 13.30 horas

Imparte: Implicatum

Información e inscricións:

 

Departamento de Formación

Ana Fusté
Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal
Punta Arnela, s/n. Edificio Usos Múltiples, 2ª Planta. 15405. Ferrol
Tfn: 981 333 305
www.cofernet.com

 

También te podría gustar...