Xornada sobre “500 anos Carabela San Lesmes”. 9/abril/2026

O pasado 9 de abril, organizada pola Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, celebrouse na sala Carlos III de EXPONAV, unha sesión monográfica sobre “A Carabela San Lesmes”
A xornada, subvencionada pola Deputación da Coruña, estivo dirixida polo autor do libro “500 anos Carabela San Lesmes”, Luis Gorrochategui Santos, quen mostrou un percorrido histórico a través desta expedición e amosou un novo enfoque sobre a historia da exploración española e o seu impacto nas illas do Pacífico.
Luis Gorrochategui Santos é un escritor e historiador español, graduado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Barcelona que compatibilizou a súa labor docente na enseñanza media coa investigación histórica e naval. Publicou máis de 200 artículos en periódicos (ABC, Él Debate, La Voz de Galicia, La Opinión A Coruña…), en revistas (Nalgures, Lea Aventura de lana Historia, Muy Historia Clío, Restauro…) e en varias obras colectivas.
GALERÍA DE IMAXES























