Visita Guiada ao Arsenal Militar de Ferrol e a Exponav. 31/outubro/2026

O pasado 31 de outubro, levouse a cabo a quinta das visitas guiadas de 2026 que se están a organizar pola Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e subvencionadas pola Deputación da Coruña.

PROGRAMA

09:30 h. Punto de encontro do grupo en Correos Ferrol (Plaza de Galicia)

10:00 h. Acceso ao Arsenal en bus

  • Visita guiada Arsenal Militar Ferrol: Visitaranse unhas instalacións do século XVIII, antiga Sala de Armas, Cortina, dársena e dique da Campá, ao mesmo tempo que se verán os diferentes buques da Armada atracados na dársena.
  • Nesta ocasión tívose a sorte de visitar a Fragata “Álvaro de Bazán” (F-101)

Foto sacada da metopa do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, na F-101

Entrega do Oficial de garda do buque D. Pedro Chang á Decana Territorial en Galicia Dna. Beatriz Spuch Sánchez 

 

11:30 h. Acceso a EXPONAV

  • Visita guiada Museo da Construción Naval: Duración de unha hora e cuarto; percorrido guiado pola primeira planta do museo para coñecer máis sobre a historia dos estaleiros de Ferrol dende o seu orixe no século XVIII ata o día de hoxe.

Esta visita está aberta a enxeñeiros/as navais, as súas familias, amigos/as e público en xeral, contou coa asistencia de 55 persoas

Como é habitual, contouse con Isabel Díaz-Robles García de Ferrol Guías, que sempre consegue acadar a máxima atención do grupo.

Esta actividade está subvencionada pola

Tamén che podería gustar...