Sesión COIN/AINE-EPEF sobre “Sociedades de Clasificación” -26/setembro/2026

O pasado 29 de setembro, tivo lugar a segunda das sesións/xornadas que a Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, ten previsto organizar ao longo do 2026, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñeria de Ferrol (EPEF) e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Nesta ocasión, a xornada foi impartida por D. Ricardo Iparraguirre, IN pola EPS de Ferrol pertencente á Universidade da Coruña. Comezou a súa traxectoria profesional no ano 2004, desenvolvendo a súa actividade en varios Asteleiros nos Departamentos de Produción e en varias Oficinas Técnicas incluindo proxectos de buques militares da factoría ferrolana de Navantia. No 2009 incorporouse a Bureau Veritas como inspector, desempeñando distintas posicións ata chegar á actualidade na posición de Director do Distrito Norte.

Ricardo Iparraguirre explicou o que son as Sociedades de Clasificación, cal é o seu papel fundamental na seguridade marítima e como garanten que cada buque cumpra cos máximos estándares de calidade e protección do medio ambiente antes de saír a navegar. Unha charla moi interesante que achegou á realidade da industria naval aos estudantes e público en xeral e lles amosou de preto as apaixonantes saídas profesionais da Enxeñería Naval.

No seguinte enlace pódese acceder á presentación desta xornada: EPS_FERROL_BV_29092026

Galería de Imaxes

Tamén che podería gustar...