Visita Guiada ao Arsenal Militar de Ferrol e ao Palacio de Capitanía. 2/maio/2026

O vindeiro sábado 2 de maio, a Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, organiza a segunda das visitas guiadas deste 2026, subvencionadas pola Deputación Da Coruña.
Nesta ocasión visitarase o Arsenal Militar de Ferrol e como novidade, o Palacio de Capitanía, segundo o
PROGRAMA
09:30 h. Punto de encontro do grupo en Correos Ferrol (Plaza de Galicia)
10:00 h. Acceso ao Arsenal Militar de Ferrol en bus
- Visita guiada Arsenal Militar Ferrol: Duración de unha hora cun percorrido en bus, entrando pola porta do Parque para visitar e explicar as instalacións do Século XVIII, antiga Sala de Armas, Cortina, dársena e dique da Campá, ao mesmo tempo que se verán os diferentes buques da Armada atracados na dársena.
12:00 h. Acceso ao Palacio de Capitanía
- Visita guiada ao Palacio de Capitanía: Duración de unha hora. O antigo pazo de Capitanía Marítima construíuse fai máis de dous séculos. Esta gran construción domina desde arriba a ría de Ferrol e o Arsenal. O seu exterior sobrio contrasta cun interior suntuoso. Nas súas salas penden obras de arte inventariadas polo Museo do Prado. (Información de ferrolguias.com )
Esta visita está aberta a enxeñeiros/as navais, as súas familias, amigos/as e público en xeral, previa inscrición a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN ou escaneando o QR do cartel.
O prazo para inscrición remata o vindeiro mércores 29 de abril, ás 23:59 h. ata completar 25 plazas.
Como é habitual, contarase con Isabel Díaz-Robles García de Ferrol Guías, que sempre consegue acadar a máxima atención do grupo.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.
Esperámoste!!!
