Xornada Instrumentos Financeiros: A Coruña 06 02 2025
O vindeiro xoves, 6 de febreiro, a partir das 11:15 h, no CSA – Cidade dás TIC en A Coruña (Avda. Pedralonga, 32), terá lugar unha xornada informativa sobre Instrumentos Financeiros para as empresas galegas. Este evento está enmarcado nas accións de comunicación do programa do Fondo de Transición Xusta.
Na xornada participarán representantes de empresas galegas que conversarán sobre o acceso ás diferentes fontes de financiamento, tipos de instrumentos que teñen á súa disposición, tanto da banca comercial como os que se poñen á súa disposición por parte da administración, e tamén da necesidade de dispoñer de instrumentos que se adapten ás necesidades e demandas e a importancia de que sexan suficientemente áxiles e flexibles para adaptarse aos distintos proxectos que queiran acometer en cada momento.
Anexamos programa da xornada e ligazón á inscrición: INSCRICIÓN