Sesións AINE/COIN-EPEF «O Impacto da Intelixencia Artificial na Construción Naval», 19 de novembro, Ferrol
CIRCULAR 23 – SESIÓN AINE-COIN-EPEF
CIRCULAR 23 – SESIÓN AINE-COIN-EPEF (galego)
O vindeiro martes 19 de novembro, terá lugar a conferencia «O Impacto da Intelixencia Artificial na Construción Naval «, dentro das Sesións AINE/COIN-EPEF que se veñen organizando dende o 2022, dirixidas principalmente aos estudantes de Grao e Máster de Enxeñería Naval.
Nesta ocasión, a conferencia será impartida polo D. Rodrigo Pérez Fernández, Doutor Enxeñeiro Naval, Master of Business Administration (MBA), Máster en Direción de Sistemas de Información e Comunicacións (MDSIC) e Diplomado en Altos Estudos da Defensa. Na actualidade é Software Engineering Senior Director en Siemens Digital Industries Software. Anteriormente ocupou o cargo de Global Portfolio Development Director na mesma empresa, e durante máis de 15 anos foi responsable da Área Naval Militar e Director de Proxectos en SENER. Compaxina a súa actividade na empresa privada coa Universidade, donde é Profesor na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais (ETSIN) da Universidade Politécnica de Madrid, coordinando diferentes materias dende o 2013.
Esta conferencia maxistral explora o papel transformador da intelixencia artificial (IA) na industria da construción naval, destacando o seu potencial para revolucionar o deseño, a produción e a eficiencia operativa. A medida que a IA continúa avanzando, ofrece oportunidades sen precedentes para a innovación no sector naval e marítimo, dende a optimización de deseños de embarcacións e a mellora da automatización en estaleiros ata o perfeccionamento preditivo e a mellora da sostenibilidade ambiental. A conferencia profundará nas aplicación actuais da IA, as tendencias futuras e os desafíos que enfronta a enxeñería naval na adopción destas tecnoloxías. Os asistentes acadarán unha visión sobre cómo a IA pode impulsar unha vantaxe competitiva e dar forma ao futuro da industria naval.
19 de novembro 2024 – 18:15 h
Lugar: Salón de Actos do Vicerreitorado-Campus de Ferrol
Inscricións: ESCANEA O CÓDIGO QR E ACCEDE Á INSCRIPCIÓN
Dirixido: Estudantes de Grao e Máster, e público en xeral interesado na materia, ata completar o aforo