Xuntanza Mariñeira REVENIDAS-Vilaxoán- 13 e 14 setembro
A asociación cultural e de tradicións mariñeiras Gamela de Cabo da Cruz, xunto coa organización do Festival Revenidas está a argallar unha xuntanza mariñeira en Vilaxoán dentro do marco do festival que terá lugar os días 13 e 14 de setembro.
O festival Revenidas conta cunha asistencia masiva de público, sobre todo público xove, polo que parece un foro moi interesante para dar a coñecer o noso patrimonio marítimo e as nosas embarcacións, xa que o futuro está nas súas mans e na sensibilidade que poidamos transmitirlle de cara á necesidade de preservar o este legado que forma parte da historia do noso país.
Convidámosvos a todas asistir a este evento onde poderedes desfrutar da boa música dun dos mellores festivais de Galicia e da nosa paixón compartida pola navegación tradicional.
PROGAMA
Exposición “Pequena Guía de Embarcación Tradicionais” e teremos unha Gamela de Cabo da Cruz exposta nas inmediación do festival.
Venres 13 de setembro:
16:00 h Recepción das tripulacións
17:00 h Izado de Velas
Sábado 14 de setembro:
11:00 h-14:00 h Navegación acompañando ao Chasula nos Concertos a Bordo.
16:00 h-18.00 h Obradoiros de vela e nós para todos os públicos coa colaboración especial de PETER PUNK PALLASO
- Aloxamento para tripulacións na lonxa de Vilaxoán
- Descontos nos prezos de abonos (45 €) e entradas por día (30 €) para tripulacións inscritas.
- Convite á sardiñada do domingo á 13:00 gratis para tripulacións.
- Data límite para inscricións: Mércores 11 de Setembro.
Agardamos sexa da vosa interese.
Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela
Cabo da Cruz – Boiro – A Coruña
gameladecabodecruz@gmail.com