Axenda Urbana Ferrol – Proceso de Consulta Cidadá

Desde o Concello de Ferrol estase a elaborar a estratexia de cidade Axenda Urbana Ferrol 2030, que consistirá nunha folla de ruta que permitirá avanzar cara un municipio más sostible, habitable e inclusivo, definindo liñas de actuación e proxectos prioritarios e atendendo aos Obxectivos Estratéxicos (OE) da Axenda Urbana Española (AUE).

Na elaboración desta estratexia desde o Concello de Ferrol, quérese que teña unha relevancia especial a participación e opinión da cidadanía ferrolá, para que este documento estratéxico responda axeitadamente aos retos e necesidades actuais e futuras do municipio.

Nesta comunicación envían dende o Concello de Ferrol, unha Consulta Pública, na que se abordan desafíos e retos dos diferentes obxectivos da Axenda Urbana, co fin de poder recoller as principais necesidades e propostas prioritarias a ter en conta na planificación da cidade. Para poder participar na consulta só é preciso entrar no seguinte enlace.

 

También te podría gustar...