Presentación do Caderno 36 de FerrolAnálisis «Exponav, Museo da Construcción Naval, Mascarón de proa de Ferrol»

Na tarde de onte, xoves 18 de xaneiro, tivo lugar o acto de presentación do número 36 do Caderno FerrolAnálisis, que baixo o título «EXPONAV, Museo da Construcción Naval, Mascarón de proa de Ferrol», edita o Club de Prensa de Ferrol con motivo do 15º Aniversario da súa fundación.

Como autores deste caderno, atópanse Rafael Suárez, Raúl Villa, José Castro Luaces, José Ramón Cancelo, José María Cardona, Manuel Amable Romero, Ainoha Leal e Cristina Vidal, que nos invitan a coñecer en profundidade a historia do Museo, a rehabilitación do Edificio Herrerías, a Biblioteca especializada e o arquivo.

O acto tivo lugar na espectacular Sala Carlos III, e contou coa presencia do Almirante do Arsenal de Ferrol Ignacio Frutos, o Presidente da Deputación da Coruña Valentín Formoso, o Alcalde de Ferrol José Manuel Rey, a autora do Caderno Esperanza Piñeiro e a Presidenta do Club de Prensa Julia Díaz, todos eles, acompañados dun numeroso público entre o que se atopaban numerosas autoridades que non quixeron perderse esta emotiva presentación.

O Club de Prensa de Ferrol con esta publicación, dirixida por Esperanza Piñeiro de San Miguel, mostra a súa fonda satisfacción por ter podido dedicar este Caderno ao Museo da Construcción Naval. Un Museo que está a simbolizar o feliz resultado dunha aposta pola dinamización cultural que subliña un camiño a seguir nuha cidade que aspira a ser declarada Patrimonio da Humanidade, ao tempo que agradece ao Concello de Ferrol e á Deputación Provincial da Coruña a súa colaboración para facelo posible.

 

También te podría gustar...