Programa RESPONSABILÍZATE da Xunta de Galicia

Por si fuese de su interés, acompañamos información que trasladan desde  la Dirección Xeral de Relaciones Laborales de la Xunta de Galicia sobre el nuevo programa que ha puesto en marcha la Xunta, RESPONSABILÍZATE. Se trata de un programa de asesoramiento personalizado y gratuito para conseguir que las pymes gallegas sean más competitivas.

El programa incluye: un diagnóstico del estado de la empresa siguiendo los criterios ASG (medioambiental, social y buen gobierno), formación, asesoramiento personalizado y diseño de un plan de acción que permita responder a los retos que se identifiquen en el diagnóstico. También incluye ayuda a implementar las primeras medidas en materia de sostenibilidad que recoge el plan, que pueden ser: la definición de un código ético o políticas de sostenibilidad, cálculo de la huella de carbono como un inicio de la estrategia de descarbonización, estructurar un reporte no financiero, o análisis de la brecha de género, entre otras.

O programa Responsabilízate axudará ás pemes galegas a ser máis sostibles e impulsar a súa competitividade

 

Responsabilízate é un programa de asesoramento personalizado gratuíto promovido pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e  Igualdade, que persegue dotar ás empresas galegas das ferramentas e os coñecementos necesarios para adaptarse ás obrigacións da regulación  ASG (Ambientais, Sociais e de bo Goberno) e no desenvolvemento da súa RSE. Desta forma serán máis competitivas, facilitando a súa adaptación ás esixencias dos grandes clientes, do mercado de consumo e das novas esixencias sociais e administrativas.

Os servizos incluídos no programa inclúen un diagnóstico da situación actual da empresa no marco ASG, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de expertos, así como o desenvolvemento dunha folla de ruta para a súa implementación, na que contará co apoio do equipo de consultores do proxecto.

Poderán beneficiarse do programa, previa inscrición a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, pemes e persoas traballadoras autónomas que teñan radicado o seu domicilio social ou conten cun centro de traballo en Galicia e que ademais cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter, canto menos, unha persoa traballadora por conta allea.
  • Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual, ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.
  • Non ser entidades sen ánimo de lucro.

Se necesita máis información, non dubide en poñerse en contacto connosco no seguinte teléfono 674241281 e encantados atenderémolo.

 

Oficina técnica do Programa RESPONSABILÍZATE

 

Información facilitada por Círculo de Empresarios de Galicia

 

 

También te podría gustar...