Medidas desde a enxeñería para o desenvolvemento de Galicia
? Hai agora un ano, os oito colexios profesionais de enxeñeiros que conformamos o Consello Galego de Enxeñerías presentabamos en sociedade: «Medidas desde a enxeñería para o desenvolvemento de Galicia«. Un documento con máis de cen medidas de como a enxeñería pode colaborar na mellora do futuro da economía e da sociedade galega.
Hoxe, este documento ten maior vixencia se cabe, pois marca o camiño a seguir para a recuperación económica tras a pandemia do coronavirus COVID-19.
Recordamos contigo a primeira das vinte temáticas: POTENCIAR A I+D+i.