CONSELLO GALEGO DE ENXEÑERÍAS
Dende o Consello Galego de Enxeñerías sumámonos ás recomendacións das autoridades sanitarias para tratar de frear a propagación do #coronavirus COVID-19 que se resumen nunha moi clara: #quedanacasa.
Por iso, aplaudimos a decisión dos nosos colexios asociados de optar polo teletraballo durante estes días, cumprindo así as esixencias derivadas do actual estado de alarma, á vez que manteñen o servizo de atención ás persoas colexiadas a través de vías telemáticas. #estevirusparámoloxuntos