Xornada «A Muller Na Enxeñería Naval», 9 de outubro en EXPONAV
A Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, organiza en conxunto coa Concellería de Igualdade, Muller, Familia, Infancia e Multiculturalidade do Concello de Ferrol, o vindeiro 9 de outubro unha xornada sobre “A Muller na Enxeñería Naval” de 18:30 h. a 20:45 h. en Ferrol. Esta xornada gratuita terá lugar na sala Carlos III de EXPONAV en Ferrol e poderá seguirse por streaming.
O noso Decano Territorial en Galicia do COIN/AINE D. Jorge Dahl de Sobrino, acompañado de Dª. Ana Isabel Ares Pernas, Vicerrectora do Campus de Ferrol, Dª. Pilar Tejo-Granados Mora, Decana do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, e Dª. María Elvira Miramontes Mas, Concelleira de Igualdade, Muller, Familia, Infancia e Multiculturalidade do Concello de Ferrol, darán a benvida a todos os asistentes, para a continuación dar paso á mesa redonda moderada por Dª. Pilar Tejo-Granados Mora.
Dende hoxe podes inscribirte ata o 2 de outubro a través do FORMULARIO DE INSCRICIÓN