III edición do ITSAS FESTIBALA DE PASAIA 2024
Abre o luns o prazo de inscricións para participar na expedición á III edición do ITSAS FESTIBALA DE PASAIA 2024 que este ano se celebrará do 9 ao 12 de maio de 2024 coas condicións que se detallan no documento adxunto e que se resume como segue:
⛵As asociacións participantes, recibirán unha compensación por axuda ao desprazamento de 400€ ou 600€ por embarcación desprazada por terra ou mar respectivamente, sendo o aloxamento colectivo gratuito, como en anteriores edicións, por conta da organización local.
⛵As inscricións poderán facerse a partir deste luns 22 de xaneiro e ata o 15 de marzo ás 12.00 horas, realizándose por rigurosa orde de inscrición ata cubrir un máximo de 8 embarcacións desprazadas.
2024-Info a colectivos expedición III Itsas Pasaia
Para elo debedes enviar a folla de inscrición adxunta (unha por barco) por correo electrónico a secretaria@culturmar.org.