III Xuntanza Mariñeira en Revenidas – Vilaxoán 11-13/setembro

A asociación cultural e de tradicións mariñeiras GAMELA de Cabo da Cruz, xunto coa organización do FESTIVAL REVENIDAS, está a argallar unha Xuntanza Mariñeira en Vilaxoán dentro do marco do festival que terá lugar os días 11, 12 e 13 de setembro.

Convidámosvos a asistir a este evento onde poderedes desfrutar da boa música dun dos mellores festivais de Galicia e da nosa paixón compartida pola navegación tradicional.

Desde a organización, facilitannos:

  • Aloxamento para tripulacións na lonxa de Vilaxoán
  • Descontos nos prezos de abonos (50€/abono) e nas entradas por día (30€/entrada) para tripulacións inscritas.
  • Convite á sardiñada do domingo á 13:00 gratis para tripulacións.
  • Data límite para inscricións: Mércores 9 de Setembro.

Achegamos formulario de inscrición e programa.

Formulario REVENIDAS

 

Agardamos sexa da vosa interese.

También te podría gustar...