A Ruta dos CAES chega a Santiago de Compostela o 14 de maio

A3E colabora coa Xunta de Galicia para informar sobre o sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAE) en Galicia.

A xornada terá lugar no Auditorio da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) (Rúa Madrid 2, Santiago de Compostela) ás 11:30 do mércores 14 de maio.

O sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAE), iniciado coa publicación do RD 36/2023, permite aos suxeitos obrigados do Sistema Nacional de Obrigacións de Eficiencia Enerxética (SNOEE) dar cumprimento a parte das súas obrigacións de aforro mediante a presentación de Certificados de Aforro, en lugar de mediante achegas ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética (FNEE).

Dende o punto de vista dos aforradores o sistema permite obter unha rendibilidade extra nos seus investimentos en eficiencia enerxética, impulsando deste xeito o sector. Na xornada coñeceremos en profundidade o sistema CAE, a súa evolución e implicacións, grazas ás intervencións de expertos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITERD), a Xunta de Galicia e as empresas e entidades beneficiarias.

_PROGRAMA GALEGO RUTA 2025 Santiago de Compostela

PROGRAMA RUTA 2025 Santiago de Compostela (4)

Pode inscribirse premendo aquí:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfWtU5rxZjzyglfRuxd2DdvgOk9l_j1vPOgyU4pAbRD2jJJkQ/viewform

 

Se precisa máis información pode contactar coa Delegación en Galicia de A3E nas seguintes direccións:

a3e-galicia@asociacion3e.org

ivan.andrade@grupoenergal.com

jenifer.felpete@grupoenergal.com

 

                                                                                                                                                                                               

Sobre A3E

La Asociación de Empresas de Eficiencia Energética (A3E) es una organización nacional sin ánimo de lucro que en la actualidad agrupa más de 120 compañías. A3E tiene vocación de representar los intereses de todas las empresas que trabajen en el ámbito de la eficiencia energética en España, agrupando a Consultoras Energéticas/Auditoras, Empresas de Servicios Energéticos (ESEs), fabricantes de equipos y componentes y distribuidoras y comercializadoras de energía. A3E tiene su sede en Madrid y cuenta con 12 delegaciones distribuidas por todo el territorio nacional.

WEB: www.asociacion3e.org

 Más información en nuestras RRSS.

Contacto de prensa:

Asociación de Empresas de Eficiencia Energética (A3E)

Teresa Alejos, Directora de Comunicación

comunicacion@asociacion3e.org

También te podría gustar...