Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2024

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, convoca anualmente os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, para recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia e difundilos entre a cidadanía.

Co obxectivo de facer o proceso de presentación de proxectos máis doado, simplificáronse as bases e reduciuse o tamaño máximo das memorias. A tramitación das candidaturas faise telematicamente. Os destinatarios destes galardóns son os investigadores e as empresas na súa faceta máis aplicada e de transferencia de coñecemento.

Os premios convócanse en dúas modalidades:

  •  Premio «Francisco Guitián Ojea»
  • Premio «Fernando Calvet Prats»

Consulta as bases : BASES PTT 2024

 

También te podría gustar...