Curso de introducción á bioloxía mariña para mergulladores

 

O CEIDA e Buceo Galicia acaban de abrir a inscrición para o Curso de Introdución á Bioloxía Mariña para Mergulladores/as, organizado en colaboración coa Deputación da Coruña, que pretende dar a coñecer o medio no que se desenvolve o mergullo en Galicia, identificar os grandes grupos de seres vivos que acompañan nas inmersións, así como crear unha actitude de respecto cara aos habitantes do mar. O curso, dirixido a calquera persoa aficionada ou interesada no mergullo, terá lugar o venres 1 e sábado 2 de marzo no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e as persoas interesadas terán tamén a posibilidade de asistir a unha sesión práctica.

As prazas son limitadas.

Máis información e inscricións:
https://www.ceida.org/gl/formacion-gl/curso-de-introducion-a-bioloxia-marina-para-mergulladores

 

 

También te podría gustar...