Presentación da Revista de Estudos Miñoráns Nº23 e Campo de Pullas

O vindeiro xoves 22 de febreiro deste 2024 ás 20h terá lugar a presentación da Revista de Estudos Miñoráns Nº23 (2024) no local do IEM.

O acto será presentado por Xosé Ramón García e participarán ademáis 5 dos autores que publicaron na revista deste ano, algúns deles farán un breve relato da súa aportación. Contaremos con acompañamento músical a cargo de Son do Val.

 Xoves 22 de febreiro

 Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10.

 20:00h

Para rematar os actos desta semana, o venres 23 de febreiro ás 20h o Grupo de Promoción do Uso do Galego do Instituto de Estudos Miñoráns continúa celebrando a riqueza literaria do Val de Miñor co Ciclo Literario Miñorán (CLM), neste caso ca presentación do libro Campo de Pullas, de Miguel Anxo Mouriño.

O acto será presentado por Carlos Méixome e terá lugar no local do IEM.

 Venres 23 de febreiro

 Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10.

 20:00h

También te podría gustar...