Xornada sobre “Enxeñería Naval Forense”, 26 de novembro en EXPONAV (Ferrol)

COMO A ENXEÑERÍA NAVAL FORENSE PODE EXPLICAR TRES EMBLEMÁTICOS NAUFRAXIOS: O BAYESIAN (2024), O REINA REGENTE (1895) E O SANTÍSIMA TRINIDAD (1805)
A Fundación Exponav e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos (COIN) convocan aos medios de comunicación á conferencia “Enxeñería Naval Forense aplicada ao afundi-mento do Bayesian, Reina Regente e Santísima Trinidad”, que terá lugar o mércores 26 de novembro de 2025, ás 18:15 horas, na Sala Carlos III de Exponav (Ferrol).
Durante a sesión, os relatores Guillermo Gefaell Chamochín, Enxeñeiro Naval, e Juan Manuel López Vázquez, Enxeñeiro Naval e Mariño Mercante, presentarán os resultados das súas in-vestigacións sobre os naufraxios de tres buques de tipoloxías moi diferentes pertencentes a tres épocas tamén moi distintas:

● O Santísima Trinidad (1805) – navío emblema da Armada Española afundido trala Batalla de Trafalgar.
● O Reina Regente (1895) – cruceiro protexido desaparecido no golfo de Cádiz con 420 tripulantes.
● O Bayesian (2024) – iate de luxo a vela afundido na costa de Palermo.

A Enxeñería Naval Forense, disciplina que combina a enxeñería naval con técnicas de inves-tigación científica, permite determinar as causas de siniestros marítimos de calquera época. A conferencia mostrará como a aplicación destas técnicas permitiu esclarecer os factores técnicos e humanos que en cada un destes casos levou á pérdida , non so do buque , senón tamén das súas tripulacións.

—————————————
Datos do evento
Data: Mércores, 26 de novembro de 2025

Hora: 18:15 h

Lugar: Sala Carlos III – EXPONAV, Ferrol

Tamén che podería gustar...