Sesión AINE/COIN-EPEF – “Deseño de Iates” 18.02.2025

Circular 1-2025 (galego)

Circular 1-2025 (español)

Ferrol a 4 de febreiro de 2025

Informamos que, a Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, organiza o vindeiro 18 de febreiro, unha conferencia presencial sobre “Deseño de Iates” ás 18:15 h. en Ferrol.

Na charla falarase sobre as principais áreas que interveñen actualmente no deseño dun iate -arquitectura e enxeñería naval, deseño de exteriores e deseño de interiores- e sobre o amplo rango de embarcacións que abarca habitualmente o termo Iate, que vai dende pequenas embarcacións de produción en serie, ata barcos de gran eslora, tratando brevemente as diferencias normativas e de produción entre grandes e pequenos iates. Farase un breve repaso da historia recente e do estado da arte das áreas mencionadas.

Nesta ocasión a conferencia será impartida polo Enxeñeiro Naval D. Juan Alba Fernández apaixonado do deseño de iates, que na actualidade exerce como deseñador independente de embarcacións, sendo as súas áreas principais a arquitectura/enxeñería naval de embarcacións profesionais de alta velocidade e o deseño de exteriores (case nunca ambas simultaneamente). No pasado traballou en oficinas de deseño de barcos de traballo e de recreo e en estaleiros.

18 de febreiro de 2025- 18:15 h.

Lugar: Salón de actos do Vicerreitorado-Campus de Ferrol

Inscricións: FORMULARIO DE INSCRICIÓN  / ESCANEA O CÓDIGO QR Do CARTEL E ACEDE Á INSCRICIÓN

Dirixido: Estudantes de Grao e Máster, e público en xeral interesado na materia ata completar aforo

Formulario de inscrición: https://bit.ly/3E8lFCS

Calquera aclaración, non dubidedes en contactar coa DT a través de galicia@ingenierosnavales.com ou no 981 37 22 00 .

 

Decano e Xunta de Goberno Territorial

 

Tamén che podería gustar...