Visita Guiada ao Arsenal Militar de Ferrol e a Exponav. 31/outubro/2026

O vindeiro  31 de outubro, levarase a cabo a seguinte das visitas guiadas de 2026 que se están a organizar pola Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e subvencionadas pola Deputación da Coruña.

PROGRAMA

09:30 h. Punto de encontro do grupo en Correos Ferrol (Plaza de Galicia)

10:00 h. Acceso a EXPONAV

11:30 H.Acceso ao Arsenal en bus

  • Visita guiada Arsenal Militar Ferrol: Visitaranse unhas instalacións do século XVIII, antiga Sala de Armas, Cortina, dársena e dique da Campá, ao mesmo tempo que se verán os diferentes buques da Armada atracados na dársena.

Esta visita está aberta a enxeñeiros/as navais, as súas familias, amigos/as e público en xeral, previa inscrición a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN ou escaneando o QR do cartel.

O prazo para inscrición remata o 27 de outubro, ás 23:59 h.

Como é habitual, contarase con Isabel Díaz-Robles García de Ferrol Guías, que sempre consegue acadar a máxima atención do grupo.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.

Tamén che podería gustar...