Visita Guiada Arsenal Militar/Exponav. 28/marzo/2026

O pasado 28 de marzo, a Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, volveu a organizar unha visita ao Arsenal Militar de Ferrol e a EXPONAV. Un numeroso grupo de 55 persoas, tivo a ocasión de visitar o Arsenal Militar de Ferrol, a fragata F-103 “BLAS DE LEZO” , e EXPONAV, da man de Isabel Díaz-Robles de Ferrolguias.com seguindo o seguinte programa:

09:30 h. Punto de encontro do grupo no edificio de Correos (Praza de Galicia, Ferrol)

10:00 h. Acceso ao Arsenal en bus-Autos Lago

  • Visita guiada Arsenal Militar Ferrol: Visitáronse unhas instalacións do século XVIII, antiga Sala de Armas, Cortina, dársena e dique da Campá, ao mesmo tempo que se viron os diferentes buques da Armada atracados na dársena. Nesta ocasión, foi posible visitar a fragata F-103  “BLAS DE LEZO”

12:00 h. Acceso a EXPONAV

Estas visitas están subvencionadas pola Deputación da Coruña e van a organizarse varias ao longo de todo o ano. As datas previstas son as seguintes:

  • 2 de maio – Visita ao Arsenal Militar de Ferrol e ao Palacio de Capitanía
  • 20 de xuño
  • 24 de setembro
  • 24 de outubro
  • 14 de novembro

Estas datas poden sufrir variacións.

Desexamos que fose do agrado de todos/as os/as asistentes!!!

Tamén che podería gustar...