Visita a NAVANTIA FERROL. 23 de maio de 2026

O vindeiro sábado 23 de maio, a Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, organiza unha visita guiada a Navantia Ferrol a partires das 10:30 h. (programa pendente de definir)

Dende o estaleiro, ofrecen a oportunidade de facer unha visita guiada polas súas instalacións de case 1 millón de metros cadrados. Esta visita levarase a cabo en autobús  e será necesaria a inscrición previa a través do seguinte FORMULARIO antes das 23:59 h. do 20 de maio.

Dende Navantia, infórmase de que:

  • Non se poden sacar fotos no interior das instalacións salvo a foto de grupo que será sacada por Navantia.
  • Os/as asistentes deben levar calzado cómodo (non tacóns nin aberto)
  • O día da visita todos os maiores de 14 anos terán que levar un documento válido e en vigor para identificarse

Esperámoste!!!

Tamén che podería gustar...