Sesión COIN/AINE-EPEF sobre “Habilitación Naval”, 19 de novembro

Na tarde do pasado 19 de novembro, tivo lugar a última conferencia do ciclo que a Delegación Territorial en Galicia do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, organizou ao longo do 2025, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e subvencionada pola Deputación da Coruña.
Nesta xornada falouse do que é a habilitación naval, o que engloba como illamentos térmicos, acústicos, protección contra incendios; habitabilidade, normativas aplicables e integración de sistemas (HVAC, canleado, mobiliario técnico); tamén se exporán as diferenzas con outras disciplinas como poden ser estrutura, propulsión, etc.
Finalmente expuxéronse as tendencias e futuro da habilitación naval, en dixitalización, sostenibilidades, automatización e prefabricación, así como novos tipos de buques (cruceiros sostibles, buques militares de nova xeración)
Os relatores desta conferencia foron:
Pablo Guerrero Salgado, COO Grupo GABADI, S.L., Enxeñeiro Naval e Oceánico que empezou a súa traxectoria como director da Escola de Vela Liceo Casino de Vilagarcía para pasar a becario en Coordinación de Construcións en Navantia en Ferrol e Deseño Naval e Industrial en Melbourne, Australia. A partir desta experiencia desempeñou as tarefas de responsable de proxetos LNG (tanques de membrana sistema Mark y NO), responsable de habilitación naval en novas construcións, e responsable de proxecto en diversos países como Malasia, Singapur, Canadá…en Gabadi, S.L.Na actualidade desempeña o cargo de Director de Operacións do Grupo Gabadi en Ferrol
Antonio J. Llago Hermida, Director Xeral Grupo GABADI, S.L., é licenciado en Dereito pola UDC con un Máster en Direción e Administración, Máster de Xestores do sector naval; é xestor de medio ambiente. É socio fundador do Despacho Legal Llago e Moncina, S.L.Actualmente é o Director Xeral do Grupo GABADI, S.L. , así como membro da Xunta Directiva do Clúster do Sector Naval (ACLUNAGA)
No seguinte enlace pódese acceder á presentación desta xornada: GABADI Presentation Universidad rev2
GALERÍA DE IMAXES














