Apertura prazo para inscricións na expedición á EUSKAL BATELERO EGUNA. 31 de xullo-3 de agosto

Desde CULTURMAR informan que abren o prazo de inscricións para participar na expedición á EUSKAL BATELERO EGUNA que este ano se celebrará en LEKEITIO (Bizcaia) do 31 de xullo ao 03 de agosto de 2025 coas condicións que se detallan no documento adxunto e que pasamos a resumir:

1. Circular expedición Euskal Batelero Eguna 2025

2. Ficha inscrición Euskal Batelero Eguna 2025

2. Ficha inscrición Euskal Batelero Eguna 2025

⛵As asociacións que despracen embarcacións, recibirán unha compensación de 400€ por embarcación por parte da Federación, sendo o xantar gratuito (pendente de confirmar ceas) e o aloxamento en pavillón por conta da organización local e ata 4 tripulantes.

⛵As inscricións poderán facerse a partir de xoves 15 de maio e ata o 15 de xuño ás 24.00 horas, segundo os criterios da convocatoria e ata cubrir un máximo de 4 embarcacións con axuda ao desprazamento. Para elo debedes enviar a folla de inscrición adxunta (unha por barco) e fotografía en calidade por correo electrónico a secretaria@culturmar.org.

Tamén che podería gustar...