Os Camiños de Camiño ConCiencia 2025

Feliz 2025!

Prácenos compartir que Camiño ConCiencia entra en 2025 cos últimos 100 km (mínimo para obter a Compostela), e traspasando fronteiras por primeira vez:

  • Camiño Portugués pola Costa e Vía Espiritual
  • Camiño Primitivo
  • Camiño dos Faros
  • Kumano Kodo – peregrinación en Xapón, irmá co Camiño de Santiago ( a consulta para vindeiras datas está aberta no link https://forms.office.com/e/yHQTHtXjVi)

Camiño ConCiencia é un proxecto de divulgación científica aberto a todas as persoas interesadas, no que combinamos a ciencia da Universidade e de unidades de I+D+i de centros de investigación, entidades, etc., coa contorna do Camiño de Santiago e natureza galega.

Nesta 3ª edición é unha alegría ver que o proxecto non só se afianza senón que crece con participantes de todo o mundo (máis de 12 nacionalidades), de todas as idades, e de multitude de profesións e ámbitos de coñecemento.

Saímos en bus desde Ferrol e A Coruña, recollendo en ruta a participantes doutras localidades que se unen ao grupo: Carballo, Santiago de Compostela, en ruta en AP-9…

O noso obxectivo é visibilizar a innovación e a investigación, levándoa ao Camiño para que participantes de todo tipo de perfil coñezan o que se coce nos fogóns de universidades, centros de investigación e departamentos de I+D+i.

Se na túa listaxe de desexos de 2025 está a facer o Camiño de Santiago, esta pode ser a ocasión 🙂

Triptico_Camiño conCiencia_Xaneiro-Xuño 2025

Plan de etapas_Camino conCiencia 2024-2025_enero-xuño

Calendario e plan de etapasCamino conCiencia 2024-2025

Inscriciónhttps://forms.office.com/e/zR5F6xqSba

Canle de WhatsApphttps://whatsapp.com/channel/0029VaDoTaA1SWt2FDh0XI2W

Algunhas fotografíashttps://caminando.es

Tamén che podería gustar...