Boletín de Axudas e Becas. 16 01 2025

A Consellería do Mar acaba de publicar as bases de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.

👉🏻Procedementos:

 Estas axudas terán como finalidade realizar investimentos que:

PE120A: reduzan o impacto da pesca no medio mariño, apoien a eliminación
gradual dos descartes e faciliten a transición a unha explotación sustentable dos
recursos biolóxicos mariños.

PE120B:

  • Sen aumento de capacidade: melloren a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos traballadores, fomentando así a remuda xeracional e o desenvolvemento profesional.
  • Con aumento de capacidade: melloren a seguridade e as condicións de traballo aumentando o arqueo bruto dun buque pesqueiro.

– PE120C:

  • Sen aumento de capacidade: optimicen o uso da enerxía dos buques para contribuír á mitigación do cambio climático reducindo as súas emisións e o consumo de combustibles.
  • Con aumento de capacidade: melloren a eficiencia enerxética mediante operacións que aumenten o arqueo bruto dun buque pesqueiro.
  • Cambio de motor: apoien a substitución ou modernización dun motor principal ou auxiliar dun buque de pesca de ata 24 metros de eslora total.

PE120E: incrementen a calidade, o valor engadido e a seguridade dos
produtos pesqueiros, mediante o desenvolvemento de novos produtos e a valorización dos existentes, así como os subprodutos e capturas accidentais ou non desexadas que melloren a sustentabilidade da actividade pesqueira.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN  DAS AXUDAS REMATA O 10 DE FEBREIRO

CULTURMAR
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial
Apartado de correos nº 38
36630 Cambados
+34 633 136 161 / +34 986 524 845
www.culturmar.org / https://encontroembarcacions.gal/

Tamén che podería gustar...