Visita Guiada ao Arsenal Militar e ao Museo Naval de Ferrol. 21/novembro/2026

O pasado sábado  21 de novembro, levouse a cabo a última das visitas guiadas de 2026 que se organizaron pola Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e subvencionadas pola Deputación da Coruña.

PROGRAMA

09:30 h. Punto de encontro do grupo en Correos Ferrol (Plaza de Galicia)

10:00 h. Acceso ao Arsenal en bus

  • Visita guiada Arsenal Militar Ferrol: Visitaranse unhas instalacións do século XVIII, antiga Sala de Armas, Cortina, dársena e dique da Campá, ao mesmo tempo que se verán os diferentes buques da Armada atracados na dársena.
  • Visita á F-101 “Álvaro de Bazán”

12:00 h. Acceso ao Museo Naval

  • Visita guiada Museo Naval: Duración de unha hora visitando a exposición de maquetas de barcos antigos, bandeiras e diverso material de navegación.

Estas visitas están abertas a enxeñeiros/as navais, as súas familias, amigos/as e público en xeral.

Como é habitual, contouse con Isabel Díaz-Robles García de Ferrol Guías, que sempre consegue acadar a máxima atención do grupo.

Esta actividade está subvencionada pola

Tamén che podería gustar...