Visita Guiada ao Arsenal de Ferrol e ao Palacio de Capitanía. 3/outubro/2026

VISITA GUIADA AO ARSENAL DE FERROL E PALACIO DE CAPITANÍA

Sábado 3 de outubro de 2026

O vindeiro sábado 3 de outubro, levarase a cabo a seguinte das visitas guiadas de 2026 que se están a organizar pola Delegación Territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e subvencionadas pola Deputación da Coruña.

PROGRAMA

9:30 h. Punto de encontro do grupo en Correos Ferrol (Plaza de Galicia)

10:00 h. Acceso ao Arsenal Militar en bus

  • Visita guiada Arsenal Militar Ferrol: Duración de unha hora cun percorrido en bus, entrando pola porta do Parque para visitar e explicar as instalacións do Século XVIII, antiga Sala de Armas, Cortina, dársena e dique da Campá, ao mesmo tempo que se verá e comentarán os diferentes buques da Armada atracados na dársena.

12:00 h. Acceso ao Palacio de Capitanía

  • Visita guiada ao Palacio de Capitanía: Duración de unha hora. O antiguo pazo da Capitanía Marítima construíuse hai máis de dous séculos. Esta gran construción domina desde arriba a ría de Ferrol e o Arsenal. O seu exterior sobrio contrasta cun interior suntuoso. Sa súas salas penden obras de arte inventariadas polo Museo do Prado

Esta visita está aberta a enxeñeiros/as navais, as súas familias, amigos/as e público en xeral, previa inscrición a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN  ou escaneando o QR do cartel.

O prazo de inscrición remata o vindeiro martes 29 de setembro ás 23:59 h.

Como é habitual, contarase con Isabel Díaz-Robles García de Ferrol Guías, que sempre consegue acadar a máxima atención do grupo.

Esperámosvos!!!

Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.

Tamén che podería gustar...