Xornada “500 anos Carabela San Lesmes”, 9 de abril de 2026

O vindeiro 9 de abril ás 19:00 h., a Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, ten previsto organizar unha xornada monográfica adicada a “500 anos Carabela San Lesmes”.
Esta xornada, subvencionada pola Deputación da Coruña, a través do autor do libro, Luis Gorrochategui Santos, levaranos a coñecer a historia desta expedición e mostrará un novo enfoque sobre a historia da exploración española e o seu impacto nas illas do Pacífico.
Luis Gorrochategui Santos é un escritor e historiador español, graduado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Barcielona que compatibilizou a súa labor docente na enseñanza media coa investigación histórica e naval. Publicou máis de 200 artículos en periódicos (ABC, El Debate, La Voz de Galicia, A Opinión A Coruña…), en revistas (Nalgures, La Aventura de la Historia, Muy Historia Clío, Restauro…) e en varias obras colectivas.
Esta xornada está aberta a enxeñeiros/as navais, e público en xeral interesado na materia ata completar aforo, a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN .
O prazo para inscrición remata o vindeiro mércores 8 de abril.
A xornada levarase a cabo na sala Carlos III de EXPONAV a partir das 19:00 h.
—————————————–
Delegación Territorial en Galicia
Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos
Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España
981 37 22 00
