Apertura do prazo de inscricións para participar na “Recalada, Encontro No Mar”, 15 de agosto de 2026

Como en edicións anteriores, este ano Culturmar participará novamente na III edición da Recalada, Encontro no Mar que se realizará o sábado 15 de agosto no muelle de Arcade (Soutomaior) en xornada de tarde.

https://maps.app.goo.gl/M3yujhu6cN7knuCb7

⛵Participarán como en anteriores edicións cunha mostra total de 12 embarcacións tradicionais na contorna do peirao (coa novidade nesta edición de que 4 delas se disporán en terra para a súa mostra), así como visitas guiadas para coñecer as características e usos das nosas embarcacións.

📢Ábrese polo tanto o prazo para a inscrición para aqueles colectivos que desexen participar coas súas embarcacións nas condicións que se indican na folla adxunta.

Ficha inscrición Muxika III Recalada- Arcade 2026

ℹ️Xuntamos a folla de inscrición, que deberá ser cumprimentada de xeito individual para cada barco e que será necesario cubrir todos os seus campos. 

Para a correcta inscrición será necesario achegar unha fotografía da embarcación.

 

👉🏻O PRAZO PARA AS INSCRICIÓNS ABREUSE O 8 DE XULLO E REMATARÁ O 22 DE XULLO.

Saúdos mariñeiros

Tamén che podería gustar...