Circular 1/26-Almorzo de Carnavais

Ferrol, a 13 de xaneiro de 2026
ASUNTO: ALMORZO DE CARNAVAIS, ZONA NORTE E ZONA SUR
Querido/a Compañeiro/a:
Temos o gusto de informarte da próxima celebración do Almorzo de Carnavais que, ao igual que na edición anterior, sustitue ás Ceas de Nadal que celebrábamos tradicionalmente por separado en Ferrol e Vigo.
O almorzo tenrá lugar o vindeiro 28 de febreiro no Parador de Santiago de Compostela Hostal dos Reis Católicos ás 14:30 h., e encantaríanos contar coa túa presenza e a da túa familia.
En anteriores ocasións conseguimos congregar un gran número de colexiadas e colexiados, pero encantaríanos aumentar a asistencia de colegas de profesión, convertir esta comida nun punto de encontro anual entre profesionais e vellas amistades, e que sirva para visibilizar que a Enxeñería Naval e Oceánica en Galicia está máis unida que nunca, xa que somos un sector estratéxico na nosa comunidade.
Como en ocasións anteriores, podedes acudir con acompañante, así como facer extensible a invitación a outras persoas da profesión non vinculadas ao Colexio.
Para que podades asistir cos vosos fillos e que eles tamén o pasen ben e se marchen con un bo recordo e ganas de volver, disporemos dun animador infantil.
Precio do Almorzo:
- Colexiados/as: 22€ (O Colexio subvenciona 25€)
- Acompañantes e invitados: 47€
- Infantil: 17€
Por razóns de organización é imprescindible comunicar asistencia antes do vindeiro 20 de febreiro a galicia@ingenierosnavales.com ou ao teléfono 981 37 22 00, e ingresar o importe correspondente na conta do COINGA. A partir desa data, lamentaremos non poder inscribirvos.
Recordade poñer o voso nome ao facer o ingreso ou transferencia.
BANCO SABADELL: ES5800815243490001783282
Informamos de que, existen habitacións dispoñibles no Parador de Santiago de Compostela cun prezo reducido para o noso grupo. O prezo da habitación doble estándar (2 adultos) é de 130€ (almorzo e IVA incluido), e a habitación doble de uso individual é de 120 € (almorzo e IVA incluido). Desde o Parador de Santiago, informan que se aprobou a implantación dunha nova tasa turística que ascende a 2,75€ por persona e noite IVA incluido, ademáiss do coste da habitación.
Para poder acceder ao prezo reducido, debedes comunicalo á maior brevedade posible á Delegación Territorial (galicia@ingenierosnavales.com / 981 37 22 00), quen se encargará de xestionar a reserva co Parador ata que se esgoten as habitacións dispñibles.
¡Esperámosvos, tanto se pertences á Zona Norte como á Zona Sur o vindeiro 28 de febreiro no Parador de Santiago Hostal dos Reis Católicos!
Anímate a participar. Será unha estupenda oportunidade para compartir un rato agradable.
¡Esperámoste!
Saúdos,
Decana e Xunta de Goberno Territorial
