Cursos totalmente gratuitos en C.F. A Aixola Marín 2026

Novo programa de cursos que se realizarán neste ano 2026 no Centro de Formación A Aixola (Porto pesqueiro de Marín):

Este centro de formación que ven colaborado con CULTURMAR, así como formado a persoas asociadas, é dependente da Consellería do Mar, sendo xestionado polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) polo que toda a formación impartida é cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura, sendo de carácter gratuito para as persoas participantes.

Así varias destas formacións poden ser de interese para as diversas asociacións que compoñen CULTURMAR, tanto para persoal das propias asoaciacións como persoas que queiran ampliar os seus coñecementos tanto para poder ter acceso a un mercado laboral que, na mairía dos postos, precisa relevo xeracional, como persoas que queran formarse para continuar ligadas no seu ocio ao mundo do mar.

Os cursos de formación son de diversa índole, como pode ser a formación que se iniciará o vindeiro 19 de xaneiro: “REPARACIÓN DE EMBARCACIÓNS PNEUMÁTICAS“(300 horas, horario de mañá), ou tamén as xa consolidadas formacións en “LAMINADO MANUAL EN POLIÉSTER PARA PEZAS PARA USO EN ACUICULTURA E CONSTRUCIÓN NAVAL” (300 h, horario de mañá).

Cabe salientar que no CF A Aixola a cultura marítima, e en especial a carpintería de ribeira, é un dos piares e referentes no centro, polo que para continuar a formación de persoas en relación a esta actividade ofertan o curso “Op. AUXILIARES DE RESTAURACIÓN DE EMBARCACIÓNS DE MADEIRA” (350 horas, horario de tarde)

Este centro é recoñecido pola formación conducinte ao Certificado Profesional de CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES DE APARELLOS DE PESCA,  que é un Nivel 2 (con acceso coa ESO ou equivalente). O resto de formacións non precisan de nivel académico previo.

Queremos destacar tamén a formación experimental creada no centro: “OPERACIÓNS POLIVALENTES EN INSTALACIÓNS NÁUTICAS E VARADEROS” (320horas, horario de tarde), que comeza o 25 de marzo  esta formación consta de módulos curtos de todas as áreas do centro, e está orientada para aumentar o coñecemento de persoal do sector naútico, formar persoas que queran acceder laboralmente ao mesmo, e mesmo para o formación de usuarios de instalacións naúticas e persoas cercanas á navegación recreativa, que queran ampliar os seus coñecementos en diversas áreas.

Así dado o interese dos mesmos, rogamos a máxima difusión posible destes cursos.  Adxuntamos o cartel xeral de todas as formacións para este 2026

👉🏻 Máis información e preinscripcións en: https://aixola.cetmar.org/oferta-formativa-2026/

Centro Tecnolóxico do Mar – Fundación CETMAR
C/ Eduardo Cabello s/n – E-36208 Bouzas – Vigo (Pontevedra)

Tel. +34 986 29 60 19 – Fax. +34 986 296 019 – www.cetmar.org

Tamén che podería gustar...