Xornada Sobre Enxeñería Naval Forense. 26/novembro/2026

XORNADA SOBRE ENXEÑERÍA NAVAL FORENSE

Sala Carlos III de EXPONAV (Ferrol) –  26 de novembro de 2025

O pasado 26 de novembro, organizada pola Delegación Territorial de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, celebrouse na sala Carlos III de EXPONAV, unha sesión monográfica adicada á Enxeñería Naval Forense,  que é a rama da Enxeñería Naval que, en unión doutras disciplinas e técnicas, investiga os seguintes campos:

  • Determinación e reconstrución das características e prestacións de buques e embarcacións históricas.
  • Causas dun accidente, fallo ou inadecuado funcionamento de calquera tipo de buques, embarcacións ou artefactos mariños e os seus compoñentes, de calquera época e lugar.

Enxeñería Naval Forense

PROGRAMA

18:15                Benvida Decana Territorial en Galicia do COIN Dª. Beatriz Spuch Sánchez e o Almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol VA D. Vicente Rubio Bolívar

18:30                Introdución sobre Enxeñería Naval Forense. D. Guillermo Gefaell Chamochín

18:40                Caso Bayesian

19:00                Caso Reina Regente

19:20                Caso Santísima Trinidad

19:40                Mesa Redonda Moderada por D. Jorge Dahl de Sobrino

20:00                Clausura

Dª. Beatriz Spuch Decana Territorial

D. Jorge Dahl de Sobrino ExDecano Territorial

A xornada comezou cun acto de benvida a cargo da Decana Territorial Dª. Beatriz Spuch Sánchez e o Almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol VA D. Vicente Rubio Bolívar.

O relator D. Guillermo Gefaell Chamochín comezou facendo unha pequena introdución do que é a Enxeñería Naval Forense, disciplina que combina a enxeñería naval con técnicas de investigación científica, que permite determinar as causas de siniestros marítimos de calquera época.

1.- INTRODUCCION INGENIERIA NAVAL FORENSE

Esta xornada mostrou como a aplicación destas técnicas permitiu esclarecer os factores técnicos e humanos que en cada un destes casos levou á pérdida, non so do buque, senón tamén das súas tripulacións.Mostráronse os resultados obtidos na reconstrución dos afundimentos de tres buques de tipoloxías moi diferentes pertencentes a tres épocas diferentes:

  • O iate de luxo a vela BAYESIAN, de 56 metros de eslora e aparello de cúter dun so mástil, afundido estando fondeado na costa de Palermo, Sicilia, o 19 de agosto de 2024, con pérdida de 7 vidas.

2.- BAYESIAN

  • O REINA REGENTE, un cruceiro protexido de 97 metros de eslora, casco de aceiro remachado e propulsión a vapor, perdido no mar no golfo de Cádiz o 10 de marzo do 1895, desaparecendo a totalidade dos seus 420 tripulantes.

3.- REINA REGENTE

  • O SANTÍSIMA TRINIDAD, navío de 120/140 cañóns ou obuses, afundido o 24 de outubro de 1805 fronte a Barbate, tras ser capturado tres días antes polos ingleses na Batalla de Trafalgar, con 205 mortos e 108 feridos a bordo.

4.- SANTÍSIMA TRINIDAD

A xornada contou con dous relatores de recoñecido prestixio:

  • Guillermo Gefeall Chamochín, Enxeñeiro Naval pola E.T.S.I.N. de Madrid dende 1977, exdecano/presidente no Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España; Membro Asociado da británica Royal Institution of Naval Architects.
  • Juan Manuel López Vázquez, Licenciado en Navegación Marítima pola Escola Superior da Mariña Mercante e Bachelor of Engineering/Ship Science pola Universidade de Southampton, Reino Unido; Enxeñeiro de Soldadura e Tecnoloxías da UE con estudos de Mecánica de Fluidos no MIT. Inspector CQG (Crude, Chemical, Gas)


Tralos relatorios celebrouse  unha mesa redonda, con gran participación e alto número de preguntas por parte dos asistentes e finalizou cunhas verbas por parte do Exdecano D. Jorge Dahl de Sobrino, que resumiu a xornada, subliñou as  conclusións da sesión e finalizou agradecendo aos poñentes e asistentes a súa presencia na sala.

GALERÍA DE IMAXES

Tamén che podería gustar...