Xornada sobre “Enxeñería Naval Forense”, 26 de novembro

Adiantamos que o vindeiro 26 de novembro, terá lugar unha xornada sobre “Enxeñería Naval Forense, aplicada ao afundimento do Bayesian, Reina Regente e Santísima Trindad”, ás 18:15 h. na Sala Carlos III da Fundación EXPONAV.
A Enxeñaría Naval Forense é a rama da Enxeñaría Naval que, en unión doutras disciplinas e técnicas, investiga nos seguintes campos:
- Determinación e reconstrución das características e prestacións de buques e embarcacións históricas.
- Causas dun accidente, fallo ou inadecuado funcionamento de calquera tipo de buques, embarcacións ou artefactos mariños e os seus compoñentes, de calquera época e lugar.
Na xornada mostraranse os resultados obtidos na reconstrución dos afundimentos de tres buques de tipoloxías moi diferentes pertencentes a tres épocas diferentes:
- O SANTÍSIMA TRINIDAD, navío de 120/140 cañóns ou obuses, afundido o 24 de outubro de 1805 fronte a Barbate, tras ser capturado tres días antes polos ingleses na Batalla de Trafalgar, con 205 mortos e 108 feridos a bordo.
- O REINA REGENTE, un cruceiro protexido de 97 metros de eslora, casco de aceiro remachado e propulsión a vapor, perdido no mar no golfo de Cádiz o 10 de marzo do 1895, desaparecendo a totalidade dos seus 420 tripulantes.
- O iate de luxo a vela BAYESIAN, de 56 metros de eslora e aparello de cúter dun so mástil, afundido estando fondeado na costa de Palermo, Sicilia, o 19 de agosto de 2024, con pérdida de 7 vidas.
A xornada contará con dous poñentes de recoñecido prestixio:
- D. Guillermo Gefaell Chamochín, Enxeñeiro Naval pola E.T.S.I.N. de Madrid dende 1977, exdecano/presidente no Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España; Membro Asociado da británica Royal Institution of Naval Architects.
- D. Juan Manuel López Vázquez, Licenciado en Navegación Marítima pola Escola Superior da Mariña Mercante e Bachelor of Engineering/Ship Science pola Universidade de Southampton, Reino Unido;Enxeñeiro de Soldadura e Tecnoloxías da UE con estudos de Mecánica de Fluidos no MIT. Inspector CQG (Crude, Chemical, Gas)
Para poder asistir a esta xornada de forma presencial ou a través de streaming, deberás inscribirte a través do FORMULARIO DE INSCRICIÓN.
