Reseña da Sesión COIN/AINE-EPEF “Desenvolvementos de buques non tripulados e tall ships”, 23 de outubro

O pasado xoves 23 de outubro ás 18:15 h., tivo lugar a terceira das conferencias que a Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, está a organizar ao longo do 2025, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e subvencionada pola Deputación da Coruña.
Nesta ocasión a conferencia divideuse en dúas partes; na primeira tratouse do deseño, construción e operativa de USVs, e das perspectivas futuras nese campo; e na segunda, expúxose o proceso de deseño e construción do bergantín escola disruptivo Royalist e do tall ship de pasaxeiros Sea Cloud Spirit.
A conferencia foi impartida polo enxeñeiro naval D. Íñigo Echenique Gordillo, con máis de corenta anos de experiencia no proxecto de iates, embarcacións e buques moi diversos. Fundador do estudo Acubens, foi xefe de deseño e investigación do primeiro copa América Español e deseñado embarcacións populares galegas, monotipos, grandes iates a motor e numerosos veleiros de regata, cruceiro e clásicos así como buques escola e patrulleiras entre outras tipoloxías. No 2016 funda Seadrone, empresa pioneira en España no desenvolvemento de drones mariños.
No seguinte enlace pódese acceder á presentación desta xornada: Ferrol_Nov 25 IE











 
																			 
																			