Visita Guiada ao Arsernal de Ferrol e a EXPONAV. 22/novembro

A Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, está organizando unha visita guiada subvencionada pola Deputación da Coruña, para o vindeiro 22 de novembro.

PROGRAMA

09:30 h. Punto de encontro do grupo en Correos (Ferrol)

10:00 h. Acceso ao Arsenal en bus

  • Visita guiada Arsenal Militar Ferrol: Visitaranse unhas instalacións do século XVIII, antiga Sala de Armas, Cortina, dársena e dique da Campá, ao mesmo tempo que se verán os diferentes buques da Armada atracados na dársena. Se fose posible por parte da Armada, intentarase visitar unha fragata F-100

11:30 h. Acceso a EXPONAV

Esta actividade está aberta a enxeñeiros/as navais e as súas familias, amigos/as e público en xeral, previa inscrición a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

Prazas limitadas a 35 persoas.

Fin de prazo para inscricións: 16 de novembro.

Tamén che podería gustar...