Sesión COIN/AINE-EPEF “Desenvolvementos de buques non tripulados e “tall ships””, 23 de outubro

 

O vindeiro xoves 23 de outubro ás 18:15 h., terá lugar a terceira das conferencias que a Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, ten previsto organizar ao longo do 2025, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Nesta ocasión a conferencia dividirase en dúas partes; na primeira tratarase do deseño, construción e operativa de USVs, e das perspectivas futuras nese campo; e na segunda, exporase o proceso de deseño e construción do bergantín escola disruptivo Royalist e do tall ship de pasaxeiros Sea Cloud Spirit.

A conferencia será impartida polo enxñeiro naval D. Íñigo Echenique Gordillo, con máis de corenta anos de experiencia no proxecto de iates, embarcacións e buques moi diversos. Fundador do estudo Acubens, foi xefe de deseño e investigación do primeiro copa América Español e deseñado embarcacións populares galegas, monotipos, grandes iates a motor e numerosos veleiros de regata, cruceiro e clásicos así como buques escola e patrulleiras entre outras tipoloxías. No 2016 funda Seadrone, empresa pioneira en España no desenvolvemento de drones mariños.

 

23 de outubro de 2025- 18:15 h.

Lugar: Salón de actos Concepción Arenal -Campus Industrial de Ferrol

Inscripcións: FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

Dirixido: Estudantes de Grao e Máster, e público en xeral interesado na materia ata completar aforo

Calquera aclaración, no dubidedes en contactar coa DT a través de galicia@ingenierosnavales.com ou no 981 37 22 00 .

Tamén che podería gustar...