Sesión COIN/AINE-EPEF “Enxarcia e arboradura, a importancia do equilibrio”, 30 de setembro
O vindeiro martes 30 de setembro ás 18:15 h., terá lugar a segunda das conferencias que a Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, ten previsto organizar ao longo de 2025, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).
Na charla falarase sobre as condicións de carga a ter en conta, modo de traballo dos diferentes elementos que compoñen a arboradura, métodos de cálculo para cada tipo de elemento, a enxarcia como soporte dos paus e a importancia do equilibro das forzas para evitar efectos indeseados.
Nesta ocasión a conferencia será impartida polo enxeñeiro naval D. Javier Pamies Durá, que adicou gran parte da súa vida profesional ao deseño e construción de buques e embarcacións de vela entre o que se destaca a construción en Estaleiros Celaya dos buques Escuela SIMON BOLIVAR (Venezuela) e CUAUTHEMOC (México) e a Goleta QUEEN NEFERTITI, o deseño, construción e montaxe chave en man da enxarcia, paus e velas do bergantín de 45 m CORWIETH CRAMER, de goleta de WHITE GULL, e do sloop de 14 m. GUIPUZCOA. Foi director de proxecto de reconstrución del yawl de 23 m IVANHOE, director técnico de Desafío Español á Copa América de 1995 en San Diego e en 2000 en Auckland. Levou a dirección técnica da reconstrución da enxarcia e arboradura da goleta XARIFA 1927, e do Buque Escola Guayas Marina de Ecuador; do Buque Escola SIMON BOLIVAR, entre outros, sendo o seu traballo máis recente o alongamento de vida do Buque Escola JUAN SEBASTIAN DE ELCANO.
30 de setembro de 2025- 18:15 h.
Lugar: Salón de actos Concepción Arenal -Campus Industrial de Ferrol
Inscripciones: FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN
Dirigido: Estudantes de Grao e Máster, e público en xeral interesado na materia ata completar aforo
Calquera aclaración, no dubidedes en contactar coa DT a través de galicia@ingenierosnavales.com ou no 981 37 22 00 .