Xornada sobre Carpinteiros de Ribeira. 10/setembro/2025
Adiantamos, que á volta das vacacións o vindeiro 10 de setembro, terá lugar unha xornada sobre “Carpinteiros de Ribeira“, ás 18:30 h. en EXPONAV. Nesta xornada, intentarase divulgar “o arte e a ciencia” da Carpintería de Ribeira, inicio da Construción Naval e actvidade moi viva ainda, sobre todo nas comunidades do norte e noroeste de España, pero moi descoñecida polo público en xeral e as novas xeracións de enxeñeiros navais en particular.
A xornada contará con tres ponencias a cargo do Mestre Carpinteiro de Ribeira D. Xerardo Triñanes, a Dra. Enxeñeira de Montes Dª. Azahara Soilán, e o Dr. Enxeñeiro Naval D. José Mª. De Juan-García.
PROGRAMA PROVISIONAL
18:30 Benvida Decano Territorial en Galicia do COIN D. Jorge Dahl de Sobrino
18:35 Benvida do Presidente de AGALCARI D. Ramón Collazo
18:45 “Carpintería de Ribeira na Ría de Ferrol”, Dr. Enxeñeiro Naval D.José Mª. De Juan-García Aguado
19:15 “A madeira na construción naval”, Dra. Enxeñeira de Montes, CIS Dª. Mª. Azahara Soilán Cañas.
19:45 “Carpintería de Ribeira no século XXI, Situación e Retos”. D. Xerardo Triñanes, Asteleiros Triñanes, Boiro
20:15 Mesa Redonda. Moderador D. Ramón Collazo, Presidente AGALCARI
20:45 Clausura
- Guillermo Gefaell Chamochín. Enxeñeiro Naval, Comisión de Buques Históricos da AINE
- Ramón Collazo, Presidente de AGALCARI
Para asistir a esta xornada de forma presencial ou a través de streaming, será preciso inscribirse a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN.
A partir do 25 de agosto, levarase a cabo a confirmación de asistencia de todos/as os inscritos/as ata a data.