SESIÓN AINE/COIN-EPEF “Deseño de Iates” 18/febreiro/2025

Ferrol, a 20 de febreiro de 2025

Na tard do pasado martes 18 de febreiro, tivo lugar a primeira das conferencia que a Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, ten previsto organizar ao longo do 2025, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).

Nesta ocasión a temática a abordar foi o “Deseño de Iates” e foi impartida polo Enxeñeiro Naval Juan Alba Fernández, deseñador especializado en embarcacións profesionais de alta velocidade e no deseño de exteriores.

Nesta conferencia falouse sobre as principais áreas que interveñen actualmente no deseño dun iate – arquitectura e enxeñería naval, deseño de exteriores e deseño de interiores – e sobre o amplo rango de embarcacións que abarcan habitualmente o término iate, que vai dende pequenas embarcacións de produción en serie, ata barcos de gran eslora, tratando brevemente as diferencias normativas e de produción entre grandes e pequenos iates.

Cunha sala repleta de estudiantes e profesionais do sector naval, o noso Decano Territorial en Galicia Jorge Dahl de Sobrino, inaugurou esta conferencia acompañado polo Director da EPEF Vicente Díaz Casás.

Antes de que o ponente empezase a súa charla, fíxose entrega da condecoración ao Enxeñeiro Naval Pablo Fariñas Alvariño, como recoñecemento ao seu 25 aniversario da PROMOCIÓN 1999. Estas condecoracións, xunto coa PROMOCIÓN 1950 e entrega de insinias aos novos/as colexiados/as, entregáronse en xullo de 2024 cono motivo da celebración da Festividade da Virxe do Carme nun acto que se organizou en Madrid para os/as que acudiron a recollelas nesa data.

 

 

Tamén che podería gustar...