Presentación e proxeción “As Voces Do Mar”. 25 de xaneiro de 2025

 

O vindeiro sábado 25 de xaneiro, terá lugar a estrea do documental “As voces do mar”, unha curtametraxe que reflicte o traballo de recuperación e posta en valor da tipoloxía da gamela de Cambados ao longo destes últimos 25 anos, organizado polo Clube Mariño Salnés. Esta proxeción terá lugar o próximo 25 de xaneiro ás 19:00 no auditorio de Cambados.

O documental, producido co apoio da Deputación de Pontevedra, é un tributo á dedicación e esforzo das persoas que colaboraron na investigación e recollida de información para recuperar esta embarcación tan emblemática. Ademais, a peza audiovisual é unha oportunidade para visibilizar o valor do patrimonio marítimo e o labor colectivo que fixo posible que a gamela de Cambados volva ocupar o lugar que lle corresponde na nosa historia.

A vosa presenza nesta xornada especial significaría moito para a organización debido a que se comparte un obxectivo común: preservar e divulgar o patrimonio marítimo galego.

Tamén che podería gustar...