Boletín de Axudas e Becas. 16 01 2025
A Consellería do Mar acaba de publicar as bases de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.
👉🏻Procedementos:
Estas axudas terán como finalidade realizar investimentos que:
–PE120A: reduzan o impacto da pesca no medio mariño, apoien a eliminación
gradual dos descartes e faciliten a transición a unha explotación sustentable dos
recursos biolóxicos mariños.
– PE120B:
- Sen aumento de capacidade: melloren a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos traballadores, fomentando así a remuda xeracional e o desenvolvemento profesional.
- Con aumento de capacidade: melloren a seguridade e as condicións de traballo aumentando o arqueo bruto dun buque pesqueiro.
– PE120C:
- Sen aumento de capacidade: optimicen o uso da enerxía dos buques para contribuír á mitigación do cambio climático reducindo as súas emisións e o consumo de combustibles.
- Con aumento de capacidade: melloren a eficiencia enerxética mediante operacións que aumenten o arqueo bruto dun buque pesqueiro.
- Cambio de motor: apoien a substitución ou modernización dun motor principal ou auxiliar dun buque de pesca de ata 24 metros de eslora total.
– PE120E: incrementen a calidade, o valor engadido e a seguridade dos
produtos pesqueiros, mediante o desenvolvemento de novos produtos e a valorización dos existentes, así como os subprodutos e capturas accidentais ou non desexadas que melloren a sustentabilidade da actividade pesqueira.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS AXUDAS REMATA O 10 DE FEBREIRO