Xunta e Asamblea Ordinaria do CGES

O pasado 10 de decembro tivo lugar a última Xunta Ordinaria do ano, así como a Asamblea Ordinaria anual do CGES á que acudiron a nosa Vicedecana Territorial Beatriz Spuch, acompañada do noso Decano Territorial Jorge Dahl. As dúas reunións celebráronse no Nordés Club Empresarial na Coruña como ven sendo habitual.

O CGES (Consello Galego de Enxeñerías) representa máis de 5.000 profesionais de alta formación e cualificación a nivel internacional, dispostos e preparados para resolver problemas.

O CGES promove a coordinación entre as diferentes pólas da enxeñería en Galicia, potencia o traballo interdisciplinar e expón as inquedanzas da enxeñería diante de organismos públicos e privados.

Son tamén propósitos destacados da nosa entidade avanzar na prospección da evolución científica e tecnolóxica no noso territorio, prestixiar a enxeñería en Galicia, colaborar con todo tipo de organizacións no desenvolvemento e promoción da enxeñería galega e contribuír ao perfeccionamento das ensinanzas de enxeñería e a formación continua na nosa comunidad autónoma.