Nova Ardentía Nº16

Nova Ardentía’ é a Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial editada por Culturmar.

Naceu en xullo de 2004, inicialmente co nome de Ardentía, baixo a dirección de Luís Rei Núñez (1960-2015) e cos membros do Colectivo Etnográfico Mascato do Salnés como principais redactores, coa misión específica de arroupar a celebración do Encontro de Embarcacións Tradicionais que organiza a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

O obxectivo da revista é publicar traballos dentro do seu ámbito temático que teñan unha contrastada calidade e interese, e tentando que parte de cada número estea relacionado coa actualidade do tempo no que se pública.

Nova Ardentía‘ dispón dunha páxina web propia coas revistas publicadas e información sobre o xeito de colaborar.

No seguinte enlace, poderedes acceder ao último número publicado Nova Ardentía nº16

 

Tamén che podería gustar...