Sesión AINE/COIN-EPEF “Intelixencia Artificial” 19 de novembro. Ferrol
Ferrol, 20 de novembro de 2024.- A delegación territorial en Galicia do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e a Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol, celebraron no Salón de Actos do Vicerreitorado do Campus de Ferrol, a Sesión AINE/COIN-EPEF “O Impacto da Intelixencia Artificial na Construcción Naval”, impartida polo Doutor Enxeñeiro Naval Rodrigo Pérez Fernández.
O Decano Territorial do COIN/AINE en Galicia Jorge Dahl de Sobrino e o Director da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol Vicente Díaz Casás, deron a benvida ao público asistente que consistía principalmente en estudantes de Grao e Máster da EPEF, para a continuación dar paso a Rodrigo Pérez Fernández, que mantivo a atención dos/as estudantes/as durante toda a súa exposición.
A través do seguinte enlace, poderedes acceder á presentación desta Sesión: O Impacto da Intelixencia Artificial na Construción Naval (19 Nov 2024)
Ademáis, con motivo da celebración da xornada, Rodrigo Pérez Fernández foi entrevistado en RNE no programa Españoles en la mar
Esperamos que os/as asistentes, acadaran unha visión sobre cómo a IA pode impulsar unha vantaxe competitiva e dar forma ao futuro industrial naval, tal e como indicaba Rodrigo Pérez.