1º Curso de verán ENERXÍAS RENOVABLES – Campus Industrial de Ferrol
O Campus Industrial de Ferrol organiza, entre o 3 de xuño e o 14 de xullo, o seu primeiro Curso de Verán dedicado, nesta ocasión, ás enerxías renovables, unha iniciativa que pretende achegar, a través de seis conferencias, o traballo que realiza neste eido o persoal docente e investigador da Universidade da Coruña á sociedade. A primeira das conferencias terá lugar este venres 3 de xuño, ás 20:00 horas, no Antigo Hospicio de Ferrol. As profesoras e investigadoras Laura Castro Santos e Almudena Filguera Vizoso falarán sobre a enerxía eólica offshore.
Este 1º Curso de Verán, vai dirixido, principalmente a empresas da contorna, e ao público en xeral.
Para máis información , pódese contactar a través de 881 01 3621
comunicacion.campus.industrial@udc.gal